Esteban Batallán Cons, da escola de música de Barro a ser trompetista solista na Chicago Symphony Orchestra

Barro
03 de xaneiro 2020

O Concello de Barro realizou este xoves un acto de recoñecemento ao músico Esteban Batallán Cons. Trátase dun trompetista do municipio e que logrou a praza de trompeta solista na Chicago Symphony Orchestra

O trompetista Esteban Batallán Cons co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes
O trompetista Esteban Batallán Cons co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes / Concello de Barro

O Concello de Barro realizou este xoves un acto de recoñecemento ao músico Esteban Batallán Cons. Trátase dun trompetista do municipio e que logrou a praza de trompeta solista na Chicago Symphony Orchestra. 

Batallán Cons conta cunha  ampla traxectoria na música clásica a pesar da súa mocidade, apenas conta con 36 anos. O alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes recibíalle no Concello en compañía doutros integrantes do goberno local para agradecerlle que se convertira nun embaixador de Barro polo mundo.

O músico natural de Barro dedicou moitos anos á súa formación e ofreceu concertos nalgúns dos mellores auditorios tanto españois como internacionais. Neste sentido, desde o goberno local consideran que Esteban Batallán é un exemplo para outros intérpretes novos que se forman nas escolas de música do rural galego.

O alcalde entregou unha placa de recordo ao trompetista, que asinou no libro de honra do Concello de Barro.