Esta fin de semana comezan as xornadas 'Música de Bandas' na Alameda e no Principal

Pontevedra
06 de xullo 2023

Durante os días 8, 9 e 15 de xullo están previstos concertos de balde, que organiza a asociación cultural San Martiño a través da Banda de Música de Salcedo, que celebra o seu 35 aniversario

Concerto da Banda de Música de Salcedo
Concerto da Banda de Música de Salcedo / Asociación Músico-Cultural San Martiño

Esta fin de semana se desenvolverán diversos actos culturais coa Festa dos Libros; o Senda Fest e o XVI Ciclo Musical organizado pola Banda de Música de Salcedo, pertencente á asociación cultural San Martiño.

Esta agrupación musical non profesional celebra o seu 35 aniversario con ao redor de cincuenta integrantes e conta cunha banda xuvenil formado por unha trintena de músicos, pertencentes á Escola de Música de Salcedo. 

Demetrio Gómez, concelleiro de Festas, presentaba con Javier Rodríguez e Jorge Carballo, integrantes da Banda de Música de Salcedo, os actos previstos dentro destas xornadas.

O sábado 8 de xullo, a Alameda acollerá ás 20.00 horas concertos da Banda de Música Xuvenil de Salcedo e da Banda de Música Xuvenil da Escola da Banda A Unión de Guláns. En caso de choiva, o acto celebrarase na Casa Verde da parroquia de Salcedo.

O domingo 9, o Teatro Principal será o escenario, ás 20.00 horas, concerto de corais, coa Coral de Poio, a Polifónico de Barro e a Polifónica de Salcedo.

O sábado 15 de xullo, tamén na Alameda, continuarán as xornadas cos concertos da Banda de Música 'Belas Artes' de Cangas e da Banda de Música de Salcedo. Nesta actuación estrearase mundialmente a muiñeira Muiñadas do Batán, unha peza composta polo integrante e fundador da banda pontevedresa, Carlos Rodríguez.

Todos os concertos son abertos ao público de maneira gratuíta.