Espazo Brétema e O Barroquista, protagonistas esta semana da programación para adultos no Salón do Libro

Pontevedra
15 de marzo 2022

O primeiro destes faladoiros creativos 'Outra arte é posible. Unha nova ollada cara o panorama artístico galego' ́de man de Espazo Brétema, terá lugar o mércores 16 ás 19:30 horas. O venres 18 á mesma hora, o historiador e divulgador Miguel Ángel Cajigal ‘El Barroquista’ falará sobre o seu ensaio "Otra historia del arte"

Miguel Ángel Cajigal Vera (El Barroquista)
Miguel Ángel Cajigal Vera (El Barroquista) / Ealuis

Esta semana dentro da programación dirixida a público adulto do Salón do LIbro (os Faladoiros Creativos) contarán con integrantes do Espazo Brétema (mércores 16) e Miguel Ángel Cajigal ‘El Barroquista’ (o venres 18) no Salón da actos do Pazo da Cultura. Ambos eventos terán entrada libre ata completar cabida.

Espazo Brétema é unha asociación dedicada á difusión e catalogación do panorama cultural galego. O proxecto esta conformado por catro historiadoras da arte: Sandra Capelo Souto, especializada en xestión cultural e historia do cine; Marina Loureiro, especializada en xestión cultural e o mundo sacro; Jennifer Novoa, especializada en xestión cultural e historia da fotografía; Aroa Outón, artista plástica; e Tania Dorribo, especializada en historia antiga.

A través deste proxecto fan defensa dun colectivo que se atopa practicamente sen opcións a hora de expor o seu traballo en medios que non sexan os propios. As artistas emerxentes contan cun talento e unha formación que apenas se proxecta cara o exterior xa que hai unha falta de facilidades á hora da divulgación que favoreza a súa consagración. A raíz disto queren marcar un precedente na catalogación da Arte Contemporánea Galega que está a xurdir.

Pola súa banda o historiador e divulgador Miguel Ángel Cajigal Vera (El Barroquista) organizará o seu relatorio arredor do seu ensaio "Otra historia del arte", co que propón unha nova maneira de achegarse a esta disciplina convidando a disfrutar da arte sen prexuízos e con total liberdade.

Da man de El Barroquista coñeceremos historias fascinantes e obras personalísimas dalgunhas das figuras máis relevantes da historia da arte como Maurizio Cattelan, Teresa Margolles, Piero Manzoni ou Fiona Banne, xunto a pezas recoñecidas de Guo Xi, Frida Kahlo ou Artemisia Gentileschi.

 

Arquivado en