Espallando por Soutomaior versos de Rosalía para conmemorar á poeta

Soutomaior
22 de febreiro 2024

A imaxe desta campaña será entregada nunhas bolsas de tela, para conseguilas haberá que escoller un verso ou poema de Rosalía de Castro e subilo ás redes sociais co cancelo #SoutomaiorRosaliaSempre

Imaxe da campaña "Espallando versos de Rosalía!"
Imaxe da campaña "Espallando versos de Rosalía!"

A concelleira de Mocidade, Rosana Martínez Comesaña, e a ilustradora e artesá local, Paula Pereira, presentaron a campaña "Espallando versos de Rosalía!".

Segundo explicaron, este venres 23 de febreiro o Concello de Soutomaior pon en marcha esta iniciativa para conmemorar o Día de Rosalía facéndoa coincidir coa data do aniversario do nacemento da escritora e poeta, referente para a cultura galega.

A imaxe da campaña, deseñada por Paula Pereira, será entregada estampada nunhas bolsas de tela que se entregarán de balde e que se poderán conseguir no Centro Integrado de Benestar (Multiusos), na Biblioteca Municipal, no Pavillón Municipal de Deportes e na Casa do Concello.

Para conseguilas o único que terán facer as persoas interesadas é achegarse, dende o 23 de febreiro e ata que se esgoten as bolsas a calquera destas dependencias municipais, escoller un verso, sacarse unha foto ou vídeo recitando dito poema e subilo á redes sociais con hasthag #SoutomaiorRosaliaSempre e así, deste xeito, seguir axudando a seguir espallando o legado de Rosalía.