'Esfínter 4' ou como acabar o ano a gargalladas con David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas

Pontevedra
26 de decembro 2024

Serán noventa minutos de puro humor por parte de tres dos humoristas máis recoñecidos da nosa terra, que volven como o turrón para xuntarse co público galego nun novo espectáculo

David Amor, Javier Veiga y Rober Bodegas, en 'Esfínter'
David Amor, Javier Veiga y Rober Bodegas, en 'Esfínter' / Etiqueta Negra Producciones

Tres dos principais cómicos galegos, David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas, volveron a xuntarse. Por cuarto ano consecutivo despiden o ano actuando xuntos por toda Galicia.

O tres protagonizan o espectáculo Esfínter 4, que se poderá ver no auditorio de Afundación de Pontevedra o vindeiro domingo 29 de decembro, a partir do sete da tarde.

Esta peculiar "familia" vólvese a reunir para ofrecer o mellor espectáculo ao que podes acudir cos teus achegados e, como os seus protagonistas, ter unha escusa para cear xuntos nunhas datas tan sinaladas.

Serán noventa minutos de puro humor por parte de tres dos humoristas máis recoñecidos da nosa terra, que volven como o turrón para xuntarse co público galego.

Esfínter é unha saga que se estreou sobre as táboasen 2020, e fíxoo para quedar.

Porque mentres o público queira, advirten desde a organización, seguiremos gozando destas sinaladas festas na compañía de Javier, David e Rober.

As entradas para asistir á representación de Esfínter 4 están á venda na plataforma Ataquilla.com. Pódense adquirir a partir dos 19,80 euros.