Escolares de Marín visitan o Museo Manuel Torres polo 120 aniversario do nacemento do pintor

Marín
18 de xuño 2021

Escolares de sexto de Primaria do CPR La Inmaculada visitaron o Museo Manuel Torres con motivo do 120 aniversario do nacemento do pintor

Escolares visitan o Museo Torres
Escolares visitan o Museo Torres / Concello de Marín

Escolares de sexto de Primaria do CPR La Inmaculada visitaron o Museo Manuel Torres con motivo do 120 aniversario do nacemento do pintor. Durante a visita, o alumnado viu, entre outras cousas, un vídeo de Manuel Torres no que o pintor explica como comezou a súa faceta artística.

Debido á pandemia, esta foi a única saída que fixeron este ano e nela puideron desfrutar dos cadros de Alejandro Paisa e da sala adicada á muller galega pintada por Torres, exposicións que máis chamaron a atención.

Así mesmo, puideron ver os cadros dos rapaces do EEI O grupo, que fixeron as súas propias versións dos cadros de Manuel Torres. Estes últimos visitaron este venres a súa exposición, mostrándose moi sorprendidos de ver os seus cadros colgados nas instalacións.

O Museo tamén recibiu a visita dunha excursión duns alumnos do CEIP da Pobra do Brollón de Lugo.