A fin de semana na capitál non está falto de actividades grazas ao Culturgal, a feira que se celebra no Pazo da Cultura do 29 de novembro ao 1 de decembro onde artistas, empresas e institucións achegan ao público as súas propostas. Como non podía ser doutro xeito, o audiovisual galego tamén estará presente ao largo da feira, con varias proxeccións que comezarán este sábado día 30 e que terán lugar no salón de actos do emprazamento.
A sesón de cinema arranca ás 12.00 con 'Camiño de Inverno', de Jaime Pardo Valdés. Este documental explora a paisaxe, historia e gastronomía desta modalidade do camiño de Santiago que comeza en Ponferrada e que os peregrinos empregaban tradicionalmente para evitar as neves de O Cerbeiro. Un retrato que presenta o texido onde a xeografía do camiño é conformada pola súa xente e as historias que lles definen. A proxección contará cunha presentacón a cargo de Isaías Calvo de la Uz, director de Administración de Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.
Pola tarde, ás 17.00, proxectarase 'Gallo', de Antonio Díaz Huerta. Este documental conta a historia dun surfista que logo de perder a vista nun accidente chegaría a facerse en 2016 co título de campión do mundo de surf adaptado. Unha historia de superación a través do atlántico, que nos leva desde California ata Galicia e o País Vasco.
Finalmente será a preestrea de 'Eroski Paraíso' a encargada de pechar o días ás 19.00 nunha sesión que contará con Xesús Ron -un dos directores- e con Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, o dúo protagonista. A película é unha adaptación da obra do mesmo nome que se fixo en 2014 co Premio Nacional de Teatro. Nela asistimos a un retrato xeneracional a través do tempo que separa a discoteca Paraíso e un supermercado Eroski que ocupan o mesmo local en diferentes épocas. Unha oportunidade para adiantarse á estrea da cinta, programado para o 13 de decembro.