Entradas de 79 a 395 euros para ver a Jennifer López en Pontevedra

Pontevedra
14 de abril 2025
Actualizado: 17:55

O esperado concerto de Jennifer López en Pontevedra abriu este luns un período de 48 horas de preventa desvelando unha das súas principais incógnitas, o prezo das entradas

Jennifer López
Jennifer López / @Jennifer López

Xa se coñecen os prezos das entradas para o esperado concerto que Jennifer López dará en Pontevedra o martes 8 de xullo no Parque de Tafisa de Pontevedra.

Será a primeira parada en España da súa xira 'Up all night', que despois pasará por cidades como Cádiz, Málaga, Madrid, Barcelona e Bilbao.

Tras uns días de expectación máxima na Boa Vila, este luns 14 de abril abríase unha preventa exclusiva de localidades para toda a xira, unicamente destinada a clientes do Banco Santander.

A ocasión permitiu coñecer por fin o prezo das entradas para o concerto, e que irán desde os 79 euros até os 395 euros, así como o mapa do recinto.

Haberá varias categorías en función da proximidade ao escenario.

Mapa con las categorías de entradas para el concierto de Jennifer López en Pontevedra
Mapa coas categorías de entradas para o concerto de Jennifer López en PontevedraEnterticket

Así as localidades máis afastadas, na chamada 'Pista B', terán un custo de 79 euros, máis gastos de xestión (99 euros tras a promoción de lanzamento). Despois na zona intermedia, Pista A, o prezo será de 119 euros (139 euros tras a promoción inicial) e na zona 'Front stage' será de 220 euros, máis gastos de xestión.

Ademais se habiltan dúas categorías VIP, con entrada preferente á zona 'Front stage' por 300 euros e outra nunha zona lateral bautizada como 'Zona Golden' por 395 euros.

Nas 48 horas de preventa só se permitían adquirir inicialmente dúas entradas en cada operación, cupo que despois se ampliou a catro.

En menos de media hora xa se esgotou, o primeiro tramo de entradas, correspondentes ás máis económicas.

En canto á venda xeral para o resto do público, dará comezo o vindeiro mércores 16 de abril ás 12.00 horas a través da plataforma enterticket.es.

Destaca doutra banda a opción habilitada pola organización para coñecer á artista internacional, o coñecido como 'Meet and greet', cuxo custo se fixou nin máis nin menos que en 1.700 euros.