A Sociedade Filarmónica de Pontevedraabre este luns 24 a partir das 20.30 horas a súa tempada musical, que chega xa ao número 96. Será cun concerto de música instrumental e vogal que estará a cargo do conxunto Ensemble Praeteritum e a mezzosoprano Marta Infante, actuando como director e concertino o violinista Pablo Suárez Calero.
No concerto que se celebrará no Teatro Principal poderanse escoitar obras instrumentais e vogais barrocas. Ensemble Praeteritum é un conxunto instrumental creado polo violinista Pablo Suárez en 2011. O seu repertorio abarca todos os estilos, centrándose no barroco temperán e tardío, baseando a súa interpretación en criterios persoais. Esta agrupación actuou nos máis importantes festivais internacionais de música.
Pola súa banda, a soprano leridana Marta Infante realizou estudos superiores de canto na Universidade de Ostrava da República Checa e ten un amplo historial con diversas orquestras e filarmónicas. No ámbito da música antiga ha cantado en numerosos países europeos, Sudamérica, Oriente Medio e Xapón e tamén nos festivais e salas máis importantes do noso país.
No programa, dedicado integramente ao compositor barroco veneciano Antonio Vivaldi, ofreceranse seis concertos para corda, dúas arias de ópera e varios motetes.