Nunha noite na que era posible ver no ceo a choiva de estrelas, miles de persoas concentrábanse na praza de España para seguir o concerto dunha das bandas referentes no panorama actual da música indie-rock,Los Planetas.
A formación granadina liderada polo inconfundible Jota e polo guitarrista Florent ofreceu un espectáculo de luces hipnóticas e temas intensos, como os que se presentan no seu último traballo 'Las canciones del agua', unha homenaxe ao poeta Federico García Lorca e ao cantante Carlos Cano. Un álbum no que destacan temas como 'El Rey de España', 'La nueva normalidad' e a formidable apertura de 'El Manancial'.
Numerosos seguidores de diversas idades gozaron do son desta banda sempre sorprendente e coñecida polo gran público grazas a temas tan exitosos como 'Un buen día', 'Qué puedo hacer' ou o recente 'El negacionista'.
Este domingo 14, a irreverente artista Zahara será a encargada de subirse ao escenario situado #ante o antigo Concello a partir das 22.30 horas nun espectáculo aberto ao público no que se espera unha gran asistencia de espectadores.