O calendario popular tiña marcada a festividade de San Xoán como o inicio do verán, en Pontevedra era Santiaguiño do Burgo o que arrancaba as Festas de Verán, pero outra romaría urbana está a cambiar a tradición, o Surfing the Lérez aspira a ser o pistoletazo de saída da tempada estival de festivais e de festa.
Con bo tempo, este venres o público de todas as idades congregouse na illa das Esculturas de Pontevedra para gozar dos quince artistas e grupos que protagonizaron esta primeira xornada: Javier Lago, Djow, Amoebo, Hydn, Jordana B, Neno Tribal, Nena Daconte, Chef Creador, Boyanka Kostova, Meu Cariño, Capital Voskov, Juno, Grande Amore, La Suprema y Galician Army.
Pero, ademais de música, o Surfing the Lérez tamén ofrece unha zona gastro e actividades solidaridarias como un mercado emerxente ou mercadillos de organizacións de protección animal como Difusión Felina e Ohana.
Este sábado é o día grande e están previstas unha vintena de actuacións nos escenarios Sala Karma, Vibra Mahou, O Panderetas e Gastro.
A partir do medio día empezará a soar a música cos Marcianos e continuarán con The Rapants, Parking Dust, Meu, Caldo, Lady Banana, Karma Djs, Agoraphobia, Atención Tsunami, Señora DJ, Camellos, Niños Mutantes, Baby Romeo, Futuro Alcalde, Terbutalina, BB Wav+ Elba, Joe Crepúsculo, Ortiga, Maefield y Gorllitox.
Tamén haberá Entroido Infantil con DJ, un taller de creación de disfraces e un concerto para os pequenos con Dani Barreiro & Kids.
Lembremos que a entrada ao festival é gratuíta, pero anímase ao público asistente a achegar alimentos non perecedoiros e material para bebés, que se recollerá no posto da Rede Axuda.