Dez novas bandas súmanse ao cartel do festival Revenidas, que celebrará a súa edición de 2024 entre os días 12 e 15 de setembro na súa localización habitual, en Vilaxóan.
Así, actuarán no festival El Kanka, Lendakaris Muertos ou Los Niños Jesús, a banda que lidera o xornalista Jordi Évole. A eles sumaranse os galegos The Rapants, Guadi Galego, o dúo de hip-hop Vértebras e Caamaño&Ameixeiras.
O segundo avance do cartel inclúe ademais dúas destacadas bandas que veñen de anunciar a súa retirada como son os cataláns Lágrimas de Sangre e as valencianas Mafalda.
La Fúmiga, unha das últimas sensacións da música festiva levantina, completa esta nova remesa de bandas e artistas para o Revenidas.
Para esta edición de 2024 xa estaban anunciadas Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, La Pegatina, Narco, Dubioza Kolektik ou Talco, entre outras actuacións.
Os abonos para os catro días do Revenidas 2024 están á venda na páxina web www.revenidas.com a un prezo de 63 euros. As persoas que merquen o abono tamén poderán reservar o acceso á acampada por un importe de dez euros.