A Facultade de Comunicación do campus de Pontevedra acollía este venres a estrea de 'Dúas señoras'.
Trátase dunha webserie de humor realizada por 18 estudantes do Grao en Comunicación Audiovisual no marco do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC).
A serie, dirixida por Uxía Soutullo e Luján Monteiro, narra as divertidas aventuras de dúas xubiladas inseparables, interpretadas polas actrices Mercedes Castro e Ana Santos, que se reúnen diariamente nun banco da vila.
O proxecto, producido por Alejandra Justo e Álvaro Cidre, xurdiu do taller 'Celanova, plató de ficción', que conta co patrocinio da Fundación Carlos Casares e da Agadic, segundo o DUVI.
A gravación realizouse en outubro do pasado ano en Celanova, apostando por un formato clásico de serie televisiva en pequena escala.
A webserie, que consta de catro capítulos curtos, está inspirada en anécdotas reais de persoas maiores e historias familiares dunha das directoras.
Tras a súa estrea na Aula de Cine da facultade, nunha sesión aberta ao público, os episodios permanecen dispoñibles na rede.
A iniciativa, ademais de servir como experiencia profesional para o alumnado, constitúe o Traballo de Fin de Grao da produtora Alejandra Justo e deUxía Soutullo, quen tamén asina o guión e a banda sonora da serie.