Dúas xeracións de mulleres galegas, reflectidas nunha exposición fotográfica con motivo do 8M

Pontevedra
27 de febreiro 2019

"Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo" é o título da exposición do fotógrafo Xosé Abad que se poderá ver no Café Moderno. Nela móstrase o salto xeracional a través do retrato de nais e fillas, dúas xeracións con vidas dispares e ligadas a traballos diferentes que transcienden do privado e particular ao xenérico e emblemático, converténdose en representantes de dúas formas de vivir

5c7688f6c2-img_20190227_110929.jpg
5c7688f6c2-img_20190227_110929.jpg / PontevedraViva

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller que se celebrará o 8 de marzo, Afundación, a Obra Social de Abanca presenta a exposición fotográfica "Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo" no Café Moderno Afundación de Pontevedra para poñer o foco na muller galega e no profundo cambio social e xeracional, reflectido a través das fotografías de Xosé Abad.

A mostra fotográfica presentouse durante a mañá do mércores no Café Moderno coa presenza do fotógrafo e autor da obra; o responsable da área Educativa de Afundación en Pontevedra, Alberto Blanco; e a coordinadora adxunta da área Educativa de Afundación en Pontevedra, Paloma Vela.

O proxecto preséntase a modo de tríptico onde se mostran 8 parellas de mulleres, nais e fillas onde se pode ver "una madre generalmente carente de estudios y formación, en muchos casos invisible pero con un profundo compromiso con el trabajo y el futuro de sus hijas", explicou a coordinadora. 

Pola súa banda, o fotógrafo catalán explicou que "estas mulleres, sobre todo as nais, son a semente do feminismo e son as que hoxe en día nos poden facer confluir en actos coma o do 8 de marzo" e que "hai un movemento de fondo que ven destas nais que parece que pode ser imparable". Na obra quixo mostrar varias historias diferentes. Abad aclarou que por unha banda mostrous ás nais e por outro ás fillas, cada unha nun ambiente de traballo diferente e que finalmente se unen nunha foto das dúas xuntas con roupa de ambiente festivo onde vese a complicidade, admiración e agarimo que hai entre elas ademais de ser referentes desa forza, enerxía e dese afán de superación.

Desde Afundación deseñaron un potente catálogo de actividades didácticas destinado a alumnos e alumnas de Pontevedra para convidalos a reflexionar sobre o papel da muller no pasado, presente e futuro dunha maneira divertida e póidanse relacionar os traballos das dúas xeracións. Estas actividades consisten en tres programas didácticos apoiados de visitas guiadas destinadas a diferentes grupos de idade. Por unha banda, para o alumnado de infantil ata terceiro de primaria definiuse o programa "Eu de maior quero ser..."; para os de cuarto de primaria ata segundo da ESO onde profundan máis co alumnado para que traballen en grupo e fagan reflexións sobre uns traballos e outros con "Arranxando os erros do pasado"; e para os estudantes de terceiro da ESO ata bacharelato e ciclos formativos, "Nais e fillas, de Xosé Abad" onde se fai unha visita en termos xenéricos apoiados polo audiovisual con testemuños das protagonistas achegando un engadido para a reflexión que encerra a exposición.

"Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo" inaugúrase esta mércores ás 19:00 horas cunha visita guiada polo fotográfo.Ademais poderase visitar ata o 1 de xuño no Café Moderno, de luns a venres en horario de 17:30 a 20:30 horas e os sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas. A entrada é gratuíta.