Isabel Risco e Fran Rei interpretan a dous personaxes que peregrinan e que se atopan accidentalmente mentres realizan o camiño a Santiago. Con esta proposta 'Dous no camiño' represéntase este domingo 11 ás 19.00 horas no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó.
Ao longo de setenta minutos, os dous protagonistas ofrecerán diferentes versións divertidas do cabaleiro Roldán, as irmás mouras, a Raíña Lupa, o Apóstolo Santiago e de Teodoro e Atanasio, discípulos con moito humor do Apóstolo.
A montaxe está dirixido por Avelino González, a partir dun texto de Roi Vidal e Xurxo Barcala, cunha proposta moi sinxela na que se revisan tres das lendas xacobeas máis coñecidas.
A actuación forma parte da programación de Nadal 2022 do Concello de Poio. Aquelas persoas que prefiran a música, á mesma hora, terán a oportunidade de asistir ao Festival de Panxoliñas que se celebra na igrexa da parroquia de San Salvador.