Todo o bo acábase.
Que llo digan a Domingos do Principal, que este 17 de novembro pechou a súa edición de 2024 cun 'até logo' e prometendo volver.
Fíxoo tras cinco xornadas dominicais con espectáculos destinados ao público familiar, e que volveron a cumprir coas expectativas.
A obra 'Crisálida', de Caramuxo Teatro, foi a encargada de baixar o pano do ciclo.
Trátase dun espectáculo de teatro de máscaras co que a compañía galega celebra os seus 20 anos sobre as táboas.
Unha historia coa que, avanzaban na reseña da obra, homenaxean as persoas que fan que as cidades teñan vida, ademais de pór en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado.
O Teatro Principal de Pontevedra acolleu un dobre pase de 'Crisálida', ás 12.00 e ás 18.30 horas.
Ademais das citas dominicais, o ciclo chegou como cada ano aos centros escolares con até tres obras representadas a golpe de luns.
'Crisálida' de Caramuxo Teatro en Domingos do Principal