'Domingos do Principal' supera os 6.000 espectadores

Pontevedra
08 de decembro 2023

O ciclo de teatro familiar organizado polo Concello de Pontevedra concluía o domingo 26 de novembro nunha nova edición que contou co apoio masivo do público que votou os espectáculos cunha nota de sobresaliente ou co calificativo de que lles gustara moito a función

"Ás para Álex" de Baobab Teatro, en Domingos do Principal
"Ás para Álex" de Baobab Teatro, en Domingos do Principal / Cristina Saiz

17 funcións, sete domingos e tres luns de espectáculos para público familiar xa quedan atrás na edición deste 2023 do ciclo teatral 'Domingos do Principal', polo que pasaron 6.164 persoas como espectadoras dos sete montaxes que se presentaron no Teatro Principal.

Durante estas sesións recolléronse ao redor de 3.000 follas de votacións e a gran maioría do público cualificou a experiencia como "sobresaliente" ou marcando a opción de que lle gustaba moito a función. A maioría das puntuacións marcadas polos espectadores de todas as idades situábanse entre o 9 e o 10 nas obras presentadas este ano.

O ciclo pechábase o domingo 26 de novembro e estas votacións recollidas tras as funcións axudan á organización, na que participa o Concello de Pontevedra, a tomar decisións, ao longo dos anos, sobre a incorporación de alzadores, venda anticipada e outras alternativas para achegar os espectáculos ao público infantil.

O público maior de 13 anos considerou 'Ás para Álex', de Baobab Teatro como a mellor montaxe deste 2023, mentres que o público con menor idade apoiou maioritariamente nas votacións á obra 'Particular', de Marcel Gross.