O Concello de Pontevedra quere darlle a benvida ao verán coa mellor das músicas locais: as das bandas, que serán o punto de arranque das festas de verán. Dende este sábado 6 de xullo ata a Feira Franca, as rúas de Pontevedra volverán vibrar cunha programación chea de música, emoción, fantasía, baile ou espectáculo, "coa que sacar un sorriso e dar bos momentos a toda a cidadanía, a pesar da situación do país", din nun comunicado.
A programación de música de banda sucederase ininterrompidamente durante os meses de xullo e agosto, cunha programación completa, diversa e de balde.
Os doce concertos son:
- Sábado, 6 de xullo (Praza do Teucro, 20.30 horas): VIII Ciclo de Banda de Música de Salcedo. Concerto da Banda de Música de Salcedo e Banda de Música de Sanxenxo.
- Domingo, 7 de xullo (Teatro Principal, 20.30 horas): VIII Ciclo de Banda de Música de Salcedo. Coral Polifónica de Salcedo e Coral Liceo de Noia.
- Domingo, 14 de xullo (Praza do Teucro, 21.00 horas) Concerto Banda de Música de Pontevedra. Música para bailar. Monográfico de Naohiro Iwai.
- Sábado 20 de xullo (Praza do Teucro, 20.30 horas): VIII Ciclo de Banda de Música de Salcedo. Concerto da Banda Xuvenil de Salcedo e Banda Xuvenil da Artística de Merza.
- Martes, 23 de xullo (Praza da Ferrería, 21.00 horas): VIII Ciclo de Bandas Banda de Música de Salcedo. Concerto Luso-Galaico. María do Ceo e a Banda de Música de Salcedo.
- Venres 26 de xullo (Praza do Teucro, 21.00 horas): Banda Cultural Salceda de Caselas.
- Venres 9 de agosto (Praza da Peregrina, 21.00 horas): Campás de festa. Banda de Música de Pontevedra.
- Luns 12 de agosto (Praza da Ferrería, 21.00 horas): Concerto man a man. Banda de Música de Pontevedra e Banda de Música de Salcedo.
- Martes 13 de agosto (Praza da Ferrería, 22.30 horas): Concerto da Banda de Música de Pontevedra. Noite de Boleros.
- Xoves 15 de agosto (Avenida de Santa María, 13.30 horas): Concerto da Banda de Música de Salcedo.
- Venres 16 de agosto (Praza Irmáns Pazó, 19.00 horas): Concerto de San Roque: Banda de Música de Pontevedra.
- Venres 23 de agosto (Praza José Martí, 21.00 horas): Concerto de San Bartolomeu. Concerto da Banda de Música de Pontevedra.