Doce concertos da Banda de Música de Pontevedra amenizarán a Boa Vila ata finais de ano

Pontevedra
02 de outubro 2024

O primeiro concerto está previsto para este sábado 5 de outubro, ás 19.00 horas, na Casa Cultural de Monte Porreiro. Todo o ciclo será de acceso libre ata completar a capacidade dos recintos

Presentación da programación da Banda de Música de Pontevedra para o último trimestre de 2024
Presentación da programación da Banda de Música de Pontevedra para o último trimestre de 2024 / Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra presentaba este mércores 2 unha completa programación musical a cargo da Banda de Música de Pontevedra (BMP) para o último trimestre de 2024.

Esta nova colaboración, que se estenderá ata 2026, permitirá ofrecer unha programación estable da agrupación musical.

O anuncio fíxose nun acto no que participaron o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, a secretaria da Asociación Musical de Pontevedra, Magui Martínez, e o subdirector da BMP, Nicolás Leiro.

A programación inclúe un total de 12 concertos que se celebrarán entre o 5 de outubro e o 22 de decembro, cunha ampla variedade de estilos que van desde a música popular ata a sacra, pasando por zarzuela, ópera, bandas sonoras e concertos especiais para o Samaín, Nadal e os Premios Feroz.

Todos os concertos serán de acceso gratuíto ata completar a capacidade do espazo.

A continuación, detállanse todos os concertos programados:

Concertos de Música Popular (dirixidos por Nicolás Leiro Álvarez)

  • 5 de outubro, ás 19.00 horas na Casa Cultural de Monte Porreiro.
  • 12 de outubro, ás 20.00 horas na Casa Verde de Salcedo.
  • 20 de outubro, ás 19.00 horas na Casa Cultural de Campañó.

 

Concerto de Samaín (dirixido por Rafa Agulló Albors)

  • 31 de outubro, ás 20.00 horas no Mercado Municipal de Pontevedra.

 

Concertos de Música Sacra (dirixidos por Marcel Van Bree)

  • 19 de outubro, ás 20.30 horas na Igrexa de San Francisco.
  • 26 de outubro, ás 21.00 horas na Igrexa de Santa María.
  • 2 de novembro, ás 20.00 horas na Igrexa de San José en Campolongo.
  • 16 de novembro, ás 21.00 horas na Igrexa Virgen del Camino.

 

Concertos no Teatro Principal.

  • 9 de novembro, ás 20.00 horas. De viaxe coa lírica (zarzuela, ópera e musicais), dirixido por Rafael Agulló Albors.
  • 30 de novembro, ás 20.00 horas. Concerto Feroz (bandas sonoras), dirixido por Rafael Agulló Albors.
  • 1 de decembro, ás 12.00 horas. Grandes Clásicos (concerto popular), dirixido por Nicolás Leiro Álvarez.
  • 22 de decembro, ás 12.00 horas. Concerto especial de Nadal, dirixido por Rafael Agulló Albors.