A Aula de Música do Concello de Bueu abre o prazo de inscrición para o vindeiro curso, que se desenvolverá entre o 9 de setembro e finais de xuño do próximo ano na Casa da Música Manuel Omil, situada no Valado.
A oferta formativa inclúe clases de solfexo, piano, canto e música activa, e as inscricións poderán realizarse desde o 12 ao 27 de agosto ata as 23.59 horas.
As solicitudes poderán presentarse de dúas formas: achegándoas polo Rexistro Xeral ou a través da Sede Electrónica, sendo necesario un certificado dixital para esta última opción.
En total, ofértanse 76 prazas para o vindeiro curso.
Os criterios de admisión inclúen estar empadroado/a no Concello de Bueu e ter asistido á Aula Municipal de Música en anos anteriores na modalidade na que se inscriba.
A asignación das prazas será por orde de entrada no Rexistro Municipal, e o alumnado de novo ingreso deberá comezar nas modalidades básicas.
Para quen precise máis información ou teña dúbidas, poderá obter aclaracións de forma presencial na Casa da Música os martes e xoves, de 9.30 a 13.30 horas, ou preguntando á profesora Rosa Cerviño nos teléfonos 686.474.775 e 670.227.564.