O Festival de Corais volveu a confirmarse como un dos grandes atractivos da programación das Festas da Peregrina. Centos de pontevedreses abarrotaron durante os dous últimos días a Praza da Ferrería para gozar das voces de dez das mellores corais de Pontevedra e alrededores.
Na primeira das dúas xornadas, celebrada na tarde-noite do pasado mércores, foron a Polifónica de Pontecesures, Bella Helenes, Polifónica de Soutomaior, Alameda, Coral de Poio e Voces Amigas de Mourente as que fixeron as delicias do público.
Foi un belo espectáculo musical que se repetiu este xoves, no mesmo escenario da Ferrería, coa Polifónica de Barro, Airiños de Campañó, Polifónica Xuntanza de Meis e O Chopo.
Con estas actuacións, as Festas de Peregrínaa continuaron coa oferta musical e cultural na Praza da Ferrería, que estivo chea de boa música e grandes artistas.
Esta programación complétase este venres co concerto de Vocal Tempo e o sábado co concerto conxunto de dous das formacións máis coñecidas do folk galego: Quempallou e Trébede. O broche de ouro poñerao o domingo unha exhibición de bailes de salón a cargo da Escola de Baile Pasos.