'De Valdeorras a México. Terra a nosa', espectáculo para conmemorar as Letras Galegas na Lama

A Lama
23 de maio 2022

O CEIP da Lama acollerá este martes, 24 de maio, a partir das 11.00 horas esta representación para público familiar na que se ofrece unha perspectiva teatral sobre a biografía do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Durante o espectáculo vaise creando unha ilustración e interprétanse diferentes pezas musicais. Ao final do acto realizarase un coloquio e un taller para debuxar a caricatura do autor homenaxeado nestas Letras  Galegas

Caricatura de Florencio Delgado Gurriarán
Caricatura de Florencio Delgado Gurriarán / Concello da Lama

Este martes 24 de maio, con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, o CEIP da Lama acollerá a representación 'De Valdeorras a México. Terra a nosa', a partir das 11.00 horas.

Trátase dun espectáculo familiar para difundir a obra e a vida do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, o intelectual homenaxeado pola Real Academia Galega con motivo das Letras Galegas 2022. A representación organizada polo Concello da Lama, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, quere con esta proposta achegar ao alumnado detalles sobre este escritor.

Daniel Vidal, concelleiro de Cultura e Deportes, destacaba que lle parece de "vital importancia" achegar a lingua e a cultura galega atodos os estudantes. "O galego forma parte do que somos e empregalo no día a día é a única maneira de seguir manténdoo vivo por mil primaveras máis", afirma o edil que invita á veciñanza do municipio a ler na lingua galega.

O espectáculo teatral ofrecerá tamén unha creación dunha ilustración e a interpretación de varios temas musicais. Ao finalizar a representación, os asistentes participarán nun coloquio adaptado ás idades do alumnado e poderán realizar unha caricatura de Florencio Delgado Gurriarán dentro dun obradoiro de debuxo.