O pasado sábado 15 de abril celebrouse o 102 aniversario de Carmen Arias de Castro Montero, Mimina, compañeira intelectual de Isaac Díaz Pardo, debuxante e deseñadora de xoias.
A homenaxe, que foi organizada pola asociación 'A Roseira de Loli', tivo lugar no Fogar de Loli Beloso na parroquia pontevedresa de Tomeza, A Valadiña.
O eixo central do acto, 'Arrolos de bicos e apertas ao ceo á artista: Mimina, Carmen Arias de Castro no seu 102 aniversario', foi a presentación da xoia 'A Magdalena de Mimina', adicada á deseñadora e feita pola directora da asociación organizadora, Loli Beloso.
A presidenta agradece a emoción da homenaxe e a participación do músico e cantante tradicional galego Davide Salvado, de Martín Pereira e Xiana Vidal que recitaron uns poemas e da historiadora de arte María Díaz.