'Dark City', unha conspiración neo-noir para o ciclo Entre Tebras

Pontevedra
06 de febreiro 2020

A proxección comezará o venres 7 de febreiro ás 19.00 na Casa das Campás, con entrada de balde. Atopámonos ante unha cinta que mestura elementos do relato negro con rasgos de ciencia ficción

Fotograma de 'Dark City'
Fotograma de 'Dark City' / PontevedraViva

Terceira entrega para o ciclo de cine de conspiraciones Entre Tebras, que durante os próximos meses traerá clásicos do cinema negro á capital pontevedresa.

Nesta ocasión tócalle o turno a 'Dark City', a cinta de ciencia ficción do director Alex Proyas. A proxección comezará o venres 7 de febreiro ás 19.00 na Casa das Campás, con entrada de balde.

En 'Dark City' seguimos a John Murdoch, un home con amnesia que esperta nunha bañeira sen lembrar apenas nada sobre si mesmo. Pronto descubrirá que é perseguido por un misterioso grupo que se fai chamar Os Ocultos que se atopa envolto nunha serie de asasinatos ritualísticos.

Atopámonos ante unha cinta que mestura elementos do relato negro con rasgos de ciencia ficción. Trátase ademáis dun dos primeiros traballos de guion de David S. Goyer, que máis tarde adquiriría fama mundial por ser un dos escritores da triloxía de O Cabaleiro Escuro.

Ficha
Título: Dark City
Director: Alex Proyas
Ano: 1998
País: Estados Unidos
Duración: 100 min.