'Da Vinci tiña razón!', unha comedia policial que fede

Pontevedra
01 de abril 2014

Dentro da programación do Salón do Libro infantil e Xuvenil, a compañía Produccións Teatrais Excéntricas presenta no Teatro Prinicpal de Pontevedra esta adaptación da obra do autor francés Roland Topor

Quico Cadaval, María Garat e Ana San Martín
Quico Cadaval, María Garat e Ana San Martín / Mónica Patxot

"Se non a víches asegúroche que é moi boa", afirma Quico Cadaval ao falar da última obra teatral que dirixiu: Da Vinci tiña razón!.

Dentro da programación do Salón do Libro infantil e Xuvenil, a compañía Produccións Teatrais Excéntricas presenta no Teatro Prinicpal de Pontevedra esta adaptación da obra do autor francés Roland Topor.

"Insistimos en estar en Pontevedra onde hai moitísima oferta cultural" dixo Quico Cadaval durante a presentación da obra este martes no concello de Pontevedra xunto ás actrices María Garat e Ana San Martín. Completan a repartición Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Santi Romay.

"ÿ unha comedia policial e escatolóxica, o espectador vai sair máis intelixente do que entrou", chancea o director.

A historia da obra conta un incidente "escuro e desagradable" acontecido nunha casa de campo dun funcionario de elite na que xorde "un problema sanitario", os canos atáscanse. Os protagonistas inician unha investigación policíal para descubrir a orixe de tanto marrón.

Á función deste mércores acudirán un grupo de 353 mozos de centros educativos de Pontevedra, Vigo, Poio, Ponte Caldelas ou mesmo de Terra Chá (Lugo).