Curtametraxes procedentes de países de Europa, Asia, América e Oceanía concursarán nesta ocasión no XIII Festival Visualízame Audiovisual e Muller que organizan de Inquietarte e UNED Pontevedra.
En concreto, inscribíronse traballos proceden de España, Italia, Francia, Países Baixos, Suecia, Alemaña, Romanía, Grecia, Emiratos Árabes, Brasil, Arxentina, México, Canadá, Usa, Australia, Lituania, Siria e Paquistán.
Entre os días 3 e 5 de maio, o salón de actos do centro da UNED Pontevedra en Monte Porreiro acollerá a proxección das 443 curtametraxes participantes. Será a partir das 17.30 horas.
O certame reparte premios que suman 3.500 euros. A mellor curtametraxe na sección de 'Mellor Ficción' levará un premio de 1.000 euros. O 'Mellor Documental' terá unha asignación económica de 500 euros e o 'Mellor Guión Orixinal' estará dotado con 500 euros.
Tamén se repartirán dous premios especiais de 500 euros: 'Premio Especial Funespaña', á curtametraxe que mellor aborde o tema da morte e o duelo; e o 'Premio Especial Cátedra UNESCO Paz, Solidariedade e Diálogo Intercultural', ao traballo que mellor aborde o tratamento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible propostos por ONU, Axenda 2030.
O resultado do concurso audiovisual será dado a coñecer pola presidenta do xurado, a actriz Angela del Rosal, o día 5 de maio a través da web da Fundación Inquietarte, www.inquietarte.es, así como no Blogue do festival e os correspondentes perfís de Facebook e Twiter, ademais da través dos medios de comunicación.
A directora do Festival Visualízame, a guionista e doutora en Educación, Yolanda Cruz, destaca "a capacidade cinematográfica para xerar valores, a necesidade de alcanzar unha competencia audiovisual que permita a personalización da mirada e a indefensión ante o poder normalizador do audiovisual" deste festival.
O presidente de Fundación Inquietarte, o xornalista Jesús Pozo, indica que a posta en marcha, en 2012, dunha actividade itinerante de Visualízame desde o propio festival "permitiu amplificar a visibilización da muller na industria audiovisual e comezar un labor educativo dentro e fóra de España que derivou en actividades culturais e proxectos didácticos concretos".
O director da UNED de Pontevedra e do Campus Noroeste, Victor M. González Sánchez destaca o "compromiso activo" da UNED co sector audiovisual e a sensibilización do alumnado cos temas Obxectivos de Desenvolvemento Sostible propostos por ONU, Axenda 2030, que se poñen en valor tamén coa entrega destes premios, onde "a perspectiva de xénero adquire un protagonismo moi especial".