Curros Enríquez estréase como escenario único dos 15 Bolos

Pontevedra
28 de xullo 2016

Sete bandas pontevedresas iniciaron este mércores unha das actividades que forman parte da programación das Festas do Verán, os 15 Bolos. Desafiando á calor reinante, durante toda a tarde Visceral Eyes, Australia, Skirl, Cora Sayers, Isanda, The Grave Dolls e Glitter&Litter mostraron a súa música na praza de Curros Enríquez

15 Bolos na praza de Curros Enríquez
15 Bolos na praza de Curros Enríquez / Mónica Patxot

Sete bandas pontevedresas iniciaron este mércores unha das actividades que forman parte da programación das Festas do Verán, os 15 Bolos. Desafiando á calor reinante, durante toda a tarde Visceral Eyes, Australia, Skirl, Cora Sayers, Isanda, The Grave Dolls e Glitter&Litter mostraron a súa música na praza de Curros Enríquez.

O público puido gozar de forma gratuíta das propostas de cada un destes artistas durante varias horas.

Con eles, os 15 Bolos estreaban un novo formato, máis próximo a un festival, cambiando as diferentes actuacións nas principais prazas do centro histórico por un único escenario.

The Soul Breakers, Mr. Magoo, Onion Smile, The Shoubinhas Experience, Black Dog, Champurrada e The Trunks serán os que participen nos 15 Bolos este xoves, a partir das cinco da tarde en Curros Enríquez.

En todo caso, o último 'bolo' destas bandas será el de La casa de los ingleses, o próximo 13 de agosto na Praza de España. Serán os teloneiros de Dorian, un dos grupos que actuará nas Festas da Peregrina.

Arquivado en