A Casa de Cultura Roberto Blanco Torres acollerá este venres a presentación do libro de Calros Solla "Crónica da Galiza Bizarra" nun acto que comezará ás 21 horas e que contará coa actuación musical da Escola de Zanfonas “Suso Vaamonde”.
A presentación correrá a cargo do xornalista Fernando Salgado e nela intervendrán o autor do libro, Calros Solla; o editor Moisés García; e o alcalde de Cuntis, Manuel Campos Velay.
"Crónica da Galiza Bizarra" reúne, ao longo de 120 anos, 125 microhistorias misteriosas e sorprendentes, fabulosas e extraordinarias en sentido amplo; aparecidas na prensa galega de aquí e de alén mar.
Neste volume ordénanse, dende o ano 1848 até o ano 1968, unha centena de textos xornalísticos, devindos por decantación en relatos breves.
Por outra banda, este mércores o alcalde Manuel Campos acudiu xunto a presidenta da Fundación Terra Termarum Castrolandín e Elena Cerviño da Asociación Amigos dos Castros á presentación da X Edición do Festival Atlántica na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.