Culturgal reúne na súa xornada de apertura máis de 70 profesionais escénicos e musicais de Galicia e Portugal

Pontevedra
24 de novembro 2022

O Pazo da Cultura de Pontevedra estreou este xoves o programa de actividades do Culturgal cunha primeira xornada reservada aos axentes do sector cultural 

Xornada reservada a profesionais no Culturgal 2022
Xornada reservada a profesionais no Culturgal 2022 /

O Pazo da Cultura de Pontevedra estreou este xoves o programa de actividades do Culturgal cunha primeira xornada reservada aos axentes do sector cultural.

A colectivos Escena Galega e Asociación Galega de Empresas Musicais organizan este primeiro encontro da 15ª edición da feira, co apoio da Xunta de Galicia. 

A xornada reuniu máis de 20 responsables de programación de municipios, teatros e festivais de Galicia e do norte de Portugal con medio cento de representantes de compañías escénicas, grupos de música, empresas promotoras e distribuidoras.

Esta xornada profesional estendeuse ata ás 18.30 horas ao redor de accións de networking, presentacións, coloquios e roldas de negocio a modo de reunións personalizadas, enfocándose prioritariamente aos programadores dos espazos asociados á Rede Galega de Teatros e Auditorios, sen deixar de lado o resto das programacións.

Culturgal abrirá a todo o público este venres contando ata o domingo cunha ampla oferta de actividades.

Arquivado en