Corizonas e Levitants atrasan a 2023 os seus concertos na Sala Karma

Pontevedra
07 de novembro 2022

Dous dos concertos que a Sala Karma programara para este outono tiveron que ser aprazados ata 2023, por causas alleas á propia sala de concertos de Pontevedra. Trátase das actuacións previstas das bandas Corizonas e Levitants

Corizonas
Corizonas / Subterfuge Records

Dous dos concertos que a Sala Karma programara para este outono tiveron que ser aprazados ata 2023, por causas alleas á propia sala de concertos de Pontevedra. Trátase das actuacións previstas das bandas Corizonas e Levitants.

Corizonas, que ía actuar este sábado en Pontevedra, atrasou o seu concerto ata o sábado 18 de marzo, segundo informa a Sala Karma.

Virán a Pontevedra presentar o seu novo disco, un traballo que leva por título Corizonas III.

Nel, presentan once cancións que oscilan entre o rock intelixente e a “americana” máis exquisita pero, esta vez, nun castelán totalmente orgánico, con letras subxugantes e arranxos de mandolina, harmónica, teclados e guitarras.

A banda, nacida da unión de dous grupos tan dispares, musical e xeracionalmente como Arizona Baby e Los Coronas, gañouse por igual o fervor e respecto de crítica e público e convertéronse en habituais dos principais festivais de música de todo o país.

O de Levitants, que se suspendeu o pasado 7 de outubro, foi reprogramado para o sábado 11 de febreiro, a partir das dez da noite.

Orixinarios de Valladolid, é unha banda de influencias punk formado por Sergio Isabel (voz), Daniel Alconada (percusión) e Juan Izquierdo (sintetizadores) que, tras o parón da pandemia, regresan con novas cancións.

Fano cantando por primeira vez en español. Novo idioma e novo son pero o mesmo linguaxe. Despois do EP titulado Coimbra e do éxito de Enola, o seu primeiro disco, Nuevas Generaciones e La Ventana son os temas de adianto do novo álbum.

As entradas para ambos os concertos están á venda a través da plataforma wegow.com.