Coque Malla consegue facer esquecelo todo

Pontevedra
16 de agosto 2022

Coque Malla subiu onte á noite ao escenario da Praza de España convidando o público a que se esquecesen todo e que só se concentrasen na música. Misión cumprida. O cantante madrileño repasou o seu repertorio enriquecido pola soleira que gañou a súa voz cos anos, sen perder de todo aquel aire chulesco dos seus comezos  

Concerto de Coque Malla
Concerto de Coque Malla / PontevedraViva

Coque Malla subiu onte á noite ao escenario da Praza de España convidando o público a que se esquecesen todo e que só se concentrasen na música. Misión cumprida.

O cantante madrileño repasou o seu repertorio enriquecido pola soleira que gañou a súa voz cos anos, sen perder de todo aquel aire chulesco dos seus comezos.

Entre os pontevedreses que asistían ao concerto víanse familias enteiras demostrando o éxito transgeneracional deste músico. 

Os maiores aplausos foron para temas como "No puedo vivir sin ti" e "Adiós papá", claves na discografía de Coque Malla desde o seu paso por "Los Ronaldos" ata a súa carreira en solitario.

Coque Malla preguntou ao público se quería que seguise o concerto, pois empezaba a chover e proliferaban os paraugas, e a resposta de Pontevedra foi un se unánime "hay que ver como sois los gallegos", replicó. O longo aplauso final certificou que o concerto foi un éxito.