O Concello de Poio e a SCD Raxó, en colaboración co Consello Municipal de Cultura, convocan o Concurso Xaime Illa Couto nas modalidades de relato curto ou conto e poesía.
Os traballos pódense entregar ata o mércores, 30 de abril ás 14.00 horas.
Cada participante poderá presentar un único traballo por categoría, utilizando a lingua galega e con temática libre.
Os menores de 17 anos terán que estar empadroados no concello de Poio ou matriculados nalgún dos centros educativos do concello.
No caso dos maiores de 18, a participación non terá limitación xeográfica.
O xurado encargado de analizar as obras presentadas estará formado por unha representación elixida a tal efecto por parte do Consello Municipal de Cultura.
A entrega de premios terá lugar o 17 de maio, dentro da programación que o Concello de Poio desenvolverá para conmemorar o Día das Letras Galegas.
As bases do concurso establecen seis categorías, divididas en función da idade. As catro primeiras, abarcan desde os 6 aos 15 anos, contará con premios de 90 euros para os gañadores das dúas modalidades, tanto do relato curto como de poesía. Na categoría de 16 a 17 anos, o premio para o autor será de 110 euros nas dúas modalidades, mentres que 18 anos en diante os premios ascenderán a 400 euros para os gañadores tanto en novela curta ou conto como en poesía.
Ademais, tamén se fará entrega de diplomas e agasallo conmemorativo.
A entrega dos textos poderá realizarse no Concello de Poio ou mediante envío de correo certificado. Tamén se poden entregar nos centros de ensino públicos ou nos locais das asociacións colaboradoras e membros do Consello Municipal de Cultura: SCD de Raxó, SCD de Samieira, Ateneo Corredoira de Combarro, Asociación Boureante da Seara, Asociación Vides Novas de San Salvador.
As bases completas poden consultarse na páxina web do Concello.