Contacontos ilustrado de 'A brétema' e 'O cataventos', de María Victoria Moreno

Pontevedra
31 de marzo 2018

Na librería Nueva Luna de Pontevedra, Uco Editora, a editorial que recuperou dous dos seus contos descatalogados, convida a unha actividade de contacontos ilustrado. A actividade correrá a cargo de María Montes e Lara Torres, as ilustradoras destas novas edicións 

'O cataventos', de María Victoria Moreno
'O cataventos', de María Victoria Moreno

Este luns 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, unha das protagonistas indiscutibles será María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018. En Pontevedra, Uco Editora, a editorial que recuperou dous dos seus contos descatalogados, convida a unha actividade de contacontos ilustrado. 

O contacontos será este luns 2 de abril ás 18.00 horas na libraría Luna Nueva de Pontevedra e xirará arredor dos contos infantís A brétema e O cataventos, recén editados por esta editora en formato de álbum ilustrado e con ilustracións.

A actividade correrá a cargo dos editores de Urco e de María Montes e Lara Torres, as ilustradoras destas novas edicións de dous relatos de María Victoria Moreno que xa eran case imposibles de conseguir. 

A brétema fora publicado orixinalmente en 1985 e O cataventos en 1989.