A escena musical e cultural pontevedresa perdeu de maneira repentina un dos seus membros máis activos, o músico Dany Moure.
O guitarrista e vocalista de diferentes bandas e proxectos faleceu este domingo 20 de agosto aos 44 anos de idade.
O seu falecemento causou unha profunda conmoción no ámbito cultural da Boa Vila.
Moure colaboraba en moitos dos eventos musicais que se organizan na cidade.
De feito foi parte o pasado mes de xullo da presentación da iniciativa Local Pop-Rock, na que actuou despois coa súa banda Odiosos 5.
Ademais, militou en grupos como Moucho ou Gold & Colt.