Coñecer o noso corpo e amoblar a mente para inaugurar o Salón do Libro

Pontevedra
07 de marzo 2017

O espectáculo de danza Xoga será a primeira de as 300 actividades que levarán a cabo no XVIII Salón do Libro. O obxectivo é que a través da imaxinación, os máis pequenos coñezan o seu corpo e descubran de que están feitos. Con cada entrada regalarase un exemplar do libro Escaquis e Romeu

O espectáculo Xoga
O espectáculo Xoga

Este venres 10 de marzo dá comezo a programación do XVIII Salón do Libro de Pontevedra. Ás 19:00 horas terá lugar no Auditorio do Pazo da Cultura a inuguración oficial desta edición. Para abrir o apetito, a partir das 18:00 horas o espectáculo Xoga dará o pistoletazo de saída á ampla variedade de actividades que lle seguirán durante tres semanas.

Xoga é un espectáculo de danza cuxo obxectivo é descubrirlle aos nenos e ao público en xeral como son e de que están feitos. Escenario, música, danza e audiovisual únense para formar unha experiencia didáctica que lles ensine o funcionamento do corpo humano. O espectáculo, creación da compañía Entremans, conta coa recomendación da Comisión Nacional de Danza da Rede Nacional de Teatros e Auditorios.

As entradas para Xogaestarán dispoñibles unha hora antes do inicio do espectáculo no vestíbulo do Pazo da Cultura. A asistencia estará permitida aos maiores de 2 anos polo prezo único de 3 euros. Ademais, con cada entrada regalarase un exemplar de Escaquis e Romeu, editado polo Salón do Libro. Antonio Manuel Fraga e Jacobo F.S, autores do libro, presentarán a súa obra a partir das 19:30 horas.

Arquivado en