O Teatro Principal acollerá este xoves o espectáculo de monólogos de humor "Cómicas, habelas hainas", a partir das 21:00 horas, con entrada libre ata esgotar o aforo.
Actuarán Jazmín Abuín, Arantxa Treus e Bárbara Grandío, xunto á artista invitada para a ocasión, a romanesa Bianca Kovacs.
O ciclo, que está a percorrer con enorme éxito de público todas a comarcas da provincia, visibiliza a comedia feita e protagonizada por mulleres cun espectáculo de 'stand-up comedy' de algo máis dunha hora de duración, no que as artistas abordan nos seus monólogos distintas temáticas cun formato áxil e dinámico.
Nel, Bárbara Grandío como presentadora vai introducindo coas súas intervencións ás outras participantes.
Este venres o programa "Cómicas, habelas hainas" pechará o seu ciclo de espectáculos no novo Auditorio do Grove este a partir das 20:30 horas.