Comeza a Semana Lorquiana no Museo

Pontevedra
11 de novembro 2024

Do 12 ao 16 de novembro, o Museo de Pontevedra ofrecerá unha programación variada que inclúe visitas escolares con contacontos, un concerto ilustrado e unha andaina

Federico García Lorca, María Teresa León e Rafael Alberti
Federico García Lorca, María Teresa León e Rafael Alberti / Museo de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra celebra a sexta edición da Semana Lorquiana no Museo de Pontevedra.

Trátase dun evento dedicado a lembrar as visitas de Federico García Lorca á cidade e a súa conexión coa cultura galega.

Do 12 ao 16 de novembro, o Museo ofrecerá unha programación variada que inclúe visitas escolares con contacontos, un concerto ilustrado e unha andaina pola cidade.

O concerto ilustrado, titulado'Federico García Lorca, poeta galego', celebrarase o mércores 15 de novembro ás 19:00 horas no Edificio Castelao, e combinará narración, música e ilustración en recordo da obra de Lorca.

O sábado 18 de novembro, ás 12:00 horas, terá lugar unha andaina cultural que percorrerá os lugares da cidade vinculados ao poeta, a cargo da agrupación Polo Correo do Vento.

Para participar nesta actividade é preciso inscribirse en polocorreodovento@hotmail.com.

A relación de Federico García Lorca con Galicia levouno a definirse como "poeta galego" e escribir na nosa lingua os seus 'Seis poemas galegos'.

En Pontevedra está documentado que escribiu un soneto iniciado co verso "Yo sé que mi perfil será tranquilo".