Comeza a programación de outubro do Cineclube

Pontevedra
02 de outubro 2022

O Cineclube programou un intenso mes, co novo de Audiard, Carpignano, Périot e Apichatpong; o debut na longametraxe de Alauda Ruiz de Azúa e a sesión dedicada á cineasta alemá Helke Misselwitz, que foi obxecto dunha retrospectiva na pasada edición do Play Doc

"Cinco lobitos", de Alauda Ruiz de Azúa
"Cinco lobitos", de Alauda Ruiz de Azúa

Comeza a programación de outubro do Cineclube de Pontevedra que recupera as sesións en colaboración coa Filmoteca de Galicia, que terán lugar o segundo e cuarto luns de cada mes. 

O Cineclube programou un intenso mes, co novo de Audiard, Carpignano, Périot e Apichatpong; o debut na longametraxe de Alauda Ruiz de Azúa e a sesión dedicada á cineasta alemá Helke Misselwitz, que foi obxecto dunha retrospectiva na pasada edición do Play Doc.

A primeira película proxectarase o martes 4, será "París, Distrito 13", dirixida por Jacques Audiard. Un filme francés de 2021, de 105 minutos de duración en versión orixinal subtitulada en español (VOSE).

O luns 10, poderase ver "Quen teme o home do saco", de Helke Misselwitz (Alemaña, 1989, 52 minutos VOSE) máis tres curtas desta mesma directora.

Martes 11, "Cinco lobitos", de Alauda Ruiz de Azúa (España, 2022, 104 minutos en versión orixinal).

Para o martes 18 está programada "Para Chiara", do director italiano Jonas Carpignano (2021, 120 min. VOSE).

E o luns 24, "Regreso a Reims", de Jean-Gabriel Périot (Francia, 2021, 80 minutos e subtitulada en galego).

Por último, o martes 25 pecha o ciclo "Memoria", do director Apichatpong Weerasethakul (Colombia, 2021, 136 min. VOSE).