O museo Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) de Pontevedra estará cerrado por mantemento desde este venres 28 de febreiro.
O obxectivo destas obras será a renovación e mantemento do equipo de ventilación e climatización, que si ben non afecta aos visitantes, sí pode perxudicar aos traballadores.
A duración do peche non está concretada, pero estímase que se prolongará durante varias semanas.
Ante este feito, o concelleiro de Cultura Demetrio Gómez anunciou que estes días de pausa tomaranse para realizar unha reflexión sobre como mellorar o número de visitas ao CITA por parte dos pontevedreses.
Aínda que no ano 2024incrementou a asistencia respecto o 2022, con 14 visitas diarias fronte as anteriores 8,70, o CITA continúa a sufrir un descenso de asistencia nas franxas de marzo, abril e maio, e outubro, novembro e decembro.
Durante a tempada de verán, cando hai un maior número de turistas, o museo conta con case 16 visitas diarias.
Con todo, nos meses nos que a maioría dos visitantes son cidadáns residentes no Concello de Pontevedra, esta cifra baixa a 10.
Para lograr revertir estes datos, o concelleiro anunciou que se está preparando unha campaña para achegar o CITA aos pontevedreses.
A iniciativa contará con varios cambios na actividade actual do centro, coma a apertura baixo demanda, que contará con visitas guiadas para que os pontevedreses poidan entender con maior profundidade os restos arqueolóxicos que se atopan no museo.
O centro tamén estará aberto en datas fixas de interese especial, como Semana Santa, ou o Día Internacional dos Museos, aínda que non están concretadas polo momento.
Ademais, a proposta estará acompañada por unha campaña de difusión en institucións como centros de ensino, colectivos sociais e diversas asociacións, para fomentar a visita ao museo.
O concelleiro Demetrio Gómez explicou que o obxectivo da inciativa é "redistribuir o réxime de visitas do centro para mellorar a experiencia dos pontevedreses e seguir mantendo que as persoas que nos visitan teñan acceso a el".