Cita coa prehistoria en Semana Santa

Umia
28 de marzo 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre esta Semana Santa aos visitantes a parte menos coñecida do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro través dunha proposta de visitas guiadas especiais coas que se propón unha opción diferente para pasar estas datas en familia

Parque arqueológico de Campo Lameiro
Parque arqueológico de Campo Lameiro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre esta Semana Santa aos visitantes a parte menos coñecida do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro través dunha proposta de visitas guiadas especiais coas que se propón unha opción diferente para pasar estas datas en familia.

Para iso están programadas visitas guiadas de xoves a domingo, ás 12.30 e 18.00 horas, que os sábado serán de balde.

Ademais destas visitas guiadas habituais, todos os días ata o domingo realizarase ás 16.30 horas a actividade ⿿Paisaxes Culturais⿝ facendo un percorrido por outras estacións rupestres que se atopan dentro do Parque, a maiores das oito que conforman o percorrido habitual.

Os participantes nesta experiencia coñecerán ademais os usos da paisaxe desde que estas terras comezaron a ser ocupadas por grupos humanos. A programación complétase con exhibicións de lume e caza de xoves a domingo.

Os visitantes que se acheguen a Parque Arqueolóxico durante este días poderán contemplar tamén a exposición temporal Arte Rupestre en Terras de Pontevedra, producida pola Mancomunidade Terras de Pontevedra coa finalidade de dar a coñecer esta extraordinaria manifestación do patrimonio arqueolóxico galego.

O Parque manterá as súas portas abertas durante toda a Semana Santa de 10.00 a 20.00 horas de forma continuada.

Arquivado en