O ciclo Cinema na Lúa tamén forma parte da programación 'Pontevedra vísese' e, partires deste luns, volverá recalar na praza da Predreira. Entre o 3 e o 7 de agosto ofrecerá, todos os días ás 23h, un filme de estilos e temáticas moi variadas e como novidade, nesta edición, inclúese un filme en versión orixinal subtitulada. Este ciclo realízase en colaboración co Cineclube Pontevedra.
Programa Cinema na Lúa
3 de agosto
- 23:00h. Praza da Pedreira. Comanchería. Western
4 de agosto
- 23:00h. Praza da Pedreira. Muchos hijos, un mono y un castillo. Documental
5 de agosto
- 23:00h. Praza da Pedreira. A muller da montaña. (Estaba programado 'Capitán Fantastic')
6 de agosto
- 23:00h. Praza da Pedreira. Lady Bird. Comedia dramática
7 de agosto
- 23:00h. Praza da Pedreira. Psycosis. VOSE. Intriga
Todas as actuacións de escenario estarán acoutadas, aforadas e co público sentado en función do número de cadeiras que permita cada espazo escénico distribuído pola cidade e os barrios. O aforamento está determinado por estudos previos realizados pola Concellaría de Festas, que xestiona Carme da Silva, atendendo aos distintos decretos ditados polas administracións estatal e autonómica.
Os 13 espazos escénicos serán previamente desinfectados: cadeiras, escenario, camerinos, zonas de control... Ao remate de cada actuación, volverase a desinfectar.
A asistencia a todos os espectáculos é de balde, mantendo así a política festiva do Concello de Pontevedra. A entrada ao recinto abrirase unha hora antes para que as persoas que queiran asistir poidan facelo con tranquilidade, sen aglomeracións e garantindo as medidas hixiénico-sanitarias marcadas. En todos os espazos escénicos haberá unha única porta de entrada.
O público deberá pasar, primeiro, por unha alfombra húmida (con produtos desinfectantes) e a continuación por unha alfombra seca. Deberán levar máscara, limpar as súas mans con hidroxel e seguir, en todo momento, as indicacións do persoal de seguridade e dos acomodadores que haberá no espazo acoutado.
Os espectáculos durarán unha hora. O público asistente deberá permanecer sentado todo o tempo, agás para abandonar o recinto.
Ao remate, a Concellaría habilitará dúas saídas en cada un dos espazos, que estarán en lugares opostos á entrada.