Christian Villamide, artista convidado na quinta edición de Fluíndo no Lérez

Pontevedra
14 de maio 2017

O pintor lucense Christian Villamide será o artista convidado na quinta edición de Fluíndo no Lérez, un programa cultural que se desenvolverá entre os días 9 e 11 de xuño en Pontevedra. En concreto, as actividades terán lugar nas marxes do río Lérez, a Illa das Esculturas, a Casa das Campás e o Pazo da Cultura

Illa das Esculturas
Illa das Esculturas

O pintor lucense Christian Villamide será o artista convidado na quinta edición de Fluíndo no Lérez, un programa cultural que se desenvolverá entre os días 9 e 11 de xuño en Pontevedra.

En concreto, as actividades terán lugar nas marxes do río Lérez, a Illa das Esculturas, a Casa das Campás e o Pazo da Cultura.

Nesta edición, que leva por título Hortus conclusus e a paisaxe creada, preténdese traballar durante dous días nas marxes do río executando obras efémeras e respectuosas coa natureza.

A Casa das Campás tamén será sede deste encontro cultural, xa que o venres 9 de xuño, ás 20.00 horas, Christian Villamide será o encargado de iniciar estas sesións artísticas cunha conferencia.

O sábado 10 e o domingo 11 de xuño, logo dunha selección previa, 20 artistas realizarán o seu traballo ao longo do río Lérez. O domingo, arredor das 12.00 horas, os artistas participantes amosarán o seu traballo e terán que explicalo.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no teléfono 629 81 81 99.

Os vinte artistas estarán coordinados por Carme Hermo e Antón Sobral, responsables deste encontro, e o propio Christian Villamide, que ás 18.00 horas do sábado porán en común, xunto aos participantes, as súas experiencias no Pazo da Cultura.