Chévere rise do seu propio fracaso cun cabaré gamberro

Pontevedra
12 de abril 2014

O grupo teatral Chévere arrancou coa súa actuación no Pazo da Cultura de Pontevedra a xira do seu espectáculo Ultranoite no país dos ananos. Un espectáculo coral con nove actores sobre o escenario que combina humor e música nun espectáculo punk, un cabarét nihilista, que non augura un bo futuro

A Ultranoite, de Chévere
A Ultranoite, de Chévere / Diego Torrado

O grupo teatral Chévere arrancou coa súa actuación no Pazo da Cultura de Pontevedra a xira do seu espectáculo Ultranoite no país dos ananos.

Un espectáculo coral con nove actores sobre o escenario que combina humor e música nun espectáculo punk, un cabaret nihilista, que non augura un bo futuro.

Recoñecidos como unha das compañías máis premiadas nos Premios María Casares, Chévere ri con amargura do seu propio fracaso como grupo transgresor que intentou dende o teatro cambiar a realidade política.

Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Vilar, Xesús Ron e César Goldi, son os protagonistas da obra.