Chévere recupera o seu exitoso "Circo atómico das irmáns Feynman" para o Salón do Libro

Pontevedra
05 de febreiro 2015

A compañía Chévere volverá colaborar co Salón do Libro. A flamante gañadora do Premio Nacional de Teatro 2014 recuperará unha das súas exitosas pezas. Trátase de O circo atómico das irmáns Feynman, que se representará o 5 de marzo no Pazo da Cultura e que achegará ao público familiar o mundo da nanotecnoloxía

Escena da obra "O circo atómico das irmáns Feynman"
Escena da obra "O circo atómico das irmáns Feynman"

A compañía Chévere volverá colaborar co Salón do Libro. A flamante gañadora do Premio Nacional de Teatro 2014 recuperará unha das súas exitosas pezas. Trátase de O circo atómico das irmáns Feynman, que se representará o 5 de marzo no Pazo da Cultura e que achegará ao público familiar o mundo da nanotecnoloxía.

Chévere decidíu incorporar esta exitosa peza á programación desta cita cultural da cidade do Lérez, que este ano leva por título ⿿Da ciencia á ficción⿿ e que entre as súas propostas inclúe oferta teatral para alumnado de Educación Infantil e Primaria, así como para o público familiar en xeral.

O circo atómico das irmáns Feynman estreouse no ano 2007 na Casa das Ciencias da Coruña e estivo dous anos de xira por toda España, pensada como unha produción perfecta para representar en museos. A compañía galega achega dun xeito ameno os diferentes conceptos da nanotecnoloxía aos rapaces a través de tres actrices: Patricia de Lorenzo, Arantza Villar e Mónica García. 

"Parece un tema complicado, pero o espectáculo céntrase en intentar dar a entender as diferentes escalas dende o metro ata o mundo nano pasando pola milímetro ou a micra. As personaxes da peza fan incidencia en cada medida para que os nenos o entendan sen ningún tipo de problema", explica a actriz Patricia de Lorenzo, que da vida a unha das irmáns Feynman. De feito, sinalan que todas as representacións, de preto dunha hora de duración, tivo moi boa acollida. 

O 5 de marzo haberá sobre o escenario pulgas e terán lugar fenómenos de feira, maxia e teatro de variedades, cunha linguaxe apta para o público infantil.