Cheo no Principal para gozar do Concerto das Letras da Banda de Música de Salcedo

Pontevedra
17 de maio 2018

A Banda de Música de Salcedo, como é habitual cada 17 de maio, protagonizou o seu tradicional Concerto das Letras Galegas no Teatro Principal de Pontevedra. Os músicos da formación, dirixidos polo seu director titular Marcel Van Bree, interpretaron un repertorio composto de música galega

Concerto das Letras Galegas da Banda de Música de Salcedo
Concerto das Letras Galegas da Banda de Música de Salcedo / Diego Torrado

A Banda de Música de Salcedo, como é habitual cada 17 de maio, protagonizou o seu tradicional Concerto das Letras Galegas no Teatro Principal de Pontevedra.

Os músicos da formación, dirixidos polo seu director titular Marcel Van Bree, interpretaron un repertorio composto de música galega.

Así, no concerto soou Brisas do Alberri, de Enrique Castro; Fantasía pra saxofón e banda, de Jules Demmersemann; Lonxe da Terriña, de Xoan Montes; Lela Arr, de Diego J. Lorente; Non Chores Sabeliña, de Gustavo Freire; e Negra Sombra, de Xoan Montes.

Ademais, a banda contou coa colaboración da soprano Sonia Bouzada e do saxofón alto de Rubén Fraga.