Chegan as xornadas sobre o 'Entroido de Galicia'

Pontevedra
24 de febreiro 2017

Debido ás obras no CITA, a Casa da Luz acollerá este ano as quintas xornadas antropolóxicas sobre o Entroido de Galicia, que terán lugar entre o 9, 10 e 11 de marzo.

Presentación das V Xornadas sobre o Entroido de Galicia
Presentación das V Xornadas sobre o Entroido de Galicia / PontevedraViva

Hoxe presentáronse no Concello de Pontevedra as xornadas do 'Entroido de Galicia', que xa van na súa quinta edición e terán lugar entre os días 9 e 11 de marzo. Sinalouse o cambio no programa con respecto ao lugar onde se realizarán, que nun principio ía ser no CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais de Pontevedra), pero que por motivo das obras que se acometen nese espazo trasladarase á Casa da Luz. 

A edición deste ano acompañarase como é habitual cunha exposición fotográfica que xa se poderá gozar desde o 6 de marzo ata o día que finalizan as xornadas. Iniciaranse oficialmente o xoves 9 ás 19.30h coa proxección do documental:"Madamas e Galáns: historia do Entroido de Cobres", unha peza audiovisual recentemente estreada que recolle a historia e ritos, algúns perdidos, de "un dous Entroidos máis importantes dá nosa contorna", asegura Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), que organiza o evento. 

As conferencias empezarán a partir do día 10 e intervirán estudosos e persoas que manteñen vivo o Entroido. Segundo Quintía estas xornadas de divulgación son xa un referente e " ás veces perdemos de vista a esencia dunha das tradicións máis importantes que temos". O obxectivo é profundar e dar a coñecer outros entroidos, e a necesidade de recuperar elementos como a sátira, tan característica do Entroido galego.

Arquivado en