Chega a Pontevedra ‘Emocións en perigo’ a través da mirada do fotógrafo Tim Flach

O Café Moderno de Afundación acolle a partir deste mércores ‘Emocións en perigo’, unha exposición do fotógrafo Tim Flach que invita ao espectador a observar especies en perigo de extinción a través das emocións e que rematará o 8 de xullo

Carmen Pérez Larrán na presentación de 'Emocións en perigo'
Carmen Pérez Larrán na presentación de 'Emocións en perigo'

O Café Moderno de Afundación acolle a partir deste mércores 'Emocións en perigo', unha exposición do fotógrafo Tim Flach que invita ao espectador a observar especies en perigo de extinción a través das emocións e que rematará o 8 de xullo.

O conxunto pictórico vén de acadar unha gran acollida en Vigo, sendo "uno de los más exitosos en los últimos años" con máis de 10.000 asistentes, destaca Paloma Vela, coordinadora da área de Cultura. 

Este "potente" rexistro visual chega ahora a Pontevedra "con el mismo objetivo que Tim Flash hizo las fotografías": romper a barreira que levantamos os humanos fronte á natureza, fomentar a empatía con especies en perigo de extinción e promover unha mentalidade "más consciente, más formada y más sensible hacia la sostenibilidad", apunta Vela.

A exposición, que se desenvolve en dúas salas, consta de 44 fotografías que tratan de inspirar e informar ao espectador dirixindo a súa atención cara a importancia de protexer as especies e a contorna na que viven. Cada imaxe está acompañada dun mapa dos ecosistemas, do rexistro de cada caso na Lista Roja da Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza, UICN, e dun texto no que o autor explica as características e as historias de cada un.

Ao servizo desta mostra incorpóranse dous elementos tecnolóxicos que favorecerán a visita dos asistentes. Na primeira sala, unhas gafas de realidade virtual permitirán camiñar ao lado dunha manada de mamuts, "una experiencia que nos trasladará un mensaje de sostenibilidad", indica Vela. Na segunda descubriranse os aspectos máis "sorprendentes" das diversas especies a través dunha mesa de luz. 

A coordinadora da área de Cultura lembra que Afundación ofrece un servizo didáctico para escolares. "El valor de estas fotografías es incalculable a los ojos de un niño", afirma Carmen Larrán, responsable do servizo didáctico de Afundación. 

Levarase a cabo un programa de actividades combinadas cun laboratorio de robótica e programación para todas aquelas persoas que se queiran achegar, en especial para o estudantado, explica Larrán. A responsable da área de didáctica destaca que xa contan con 500 escolares anotados e agarda que a cifra siga subindo. Para os máis pequenos tamén haberá talleres nos que, entre outra actividades, poñerán voz ás distintas especies.

A exposición enmárcase dentro do programa de Cultura por Alimentos de Afundación. Ao respecto, Vela invita os asistentes que se acheguen a traer alimentos non perecedeiros, que serán destinados aos Bancos de Alimentos locais a través da colaboración de Afundación con Fesbal.