O escritor, filósofo e profesor César Antonio Molina protagonizou este xoves o ciclo de conferencias "Conversas con arte" que organiza a Deputación de Pontevedra, onde falou do seu último libro Que facemos cos humanos?.
Segundo defendeu o ex ministro, a soberbia científica e o, ata o de agora, incontrolable desenvolvemento tecnolóxico en mans privadas desaprensivas poñen en grave risco existencial á humanidade.
O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, subliñou que o obxectivo deste ciclo de conferencias é achegar á cidadanía as grandes figuras da cultura galega, "apoiar, impulsar e promocionar o renacemento cultural que está a vivir Galicia" e servir como tribuna de reflexión sobre cuestións de actualidade.
"Conversas con arte" responde, ademais, a unha aposta persoal do vicepresidente provincial a través do Museo de Pontevedra para "seguir avanzando no posicionamento da provincia como lugar cultural por excelencia".
Este ciclo arrancou o pasado mes de abril cunha conferencia a cargo de José María Barreiro á que seguiu unha segunda en maio con Antón Pulido.
O obxectivo deste ciclo é difundir as diferentes manifestacións artísticas e culturais de Galicia, así como as grandes personalidades vencelladas a diferentes movementos galegos ou nadas na nosa comunidade.
Deste xeito, a conferencia de César Antonio Molina estará a disposición das persoas interesadas en formato vídeo e pódcast nas plataformas YouTube e Spotify.