Ao longo dos próximos días, o Concello de Cerdedo-Cotobade distribuirá entre toda a veciñanza dípticos informativos sobre a segunda fase do programa de actos de conmemoración do vixésimo aniversario do falecemento de Antonio Fraguas, escritor, historiador e etnógrafo cotobadés.
En 2019 cumpriranse as dúas décadas da súa desaparición.
Distribuiranse 1.500 exemplares, tal e como presentaba este luns o presidente municipal Jorge Cubela. Nestes folletos ofrécese unha descrición sobre a vida e obra deste home que foi nomeado Fillo Predilecto do Concello.
O Concello ten previsto que, despois do verán, retómense diversas actividades para recoñecer a súa figura. O presidente de Cerdedo-Cotobade destacou a colaboración que está a prestar a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Antonio Fraguas.