Cepeda, o concerto 'xacobeo' en Sanxenxo: o 3 de setembro, xunto a Antía Muíño

Sanxenxo
23 de agosto 2022

O ciclo 'Concertos do Xacobeo' suma unha nova cita. Será o próximo 3 de setembro en Sanxenxo e o seu protagonista será Cepeda, un dos artistas saídos de OT 2017 que máis repercusión logrou tras participar no coñecido concurso televisivo. O concerto celebrarase na Praza do Mar, a partir da 22:00 horas

Cepeda
Cepeda / Clipper's Management

O ciclo 'Concertos do Xacobeo' suma unha nova cita. Será o próximo 3 de setembro en Sanxenxo e o seu protagonista será Cepeda, un dos artistas saídos de OT 2017 que máis repercusión logrou tras participar no coñecido concurso televisivo.

O concerto celebrarase na Praza do Mar, a partir da 22:00 horas.

Cepeda presentará en directo os temas incluídos en Sempiterno, o seu terceiro disco de estudo, acompañado de toda a súa banda, entre eles, Ramón Aragall (batería), Rubén Alcázar (baixo), Diego Cartón (guitarra) e Iván Herzog (piano).

Así, en Sanxenxo soarán temas como Otro día más, Qué bonito, Nené ou La camisa vieja, os catro sinxelos que publicou deste novo álbum, así como grandes éxitos dos seus traballos anteriores como Esta vez, Vuela, Con los pies en el suelo o Gentleman, entre outros.

 

Xunto ao 'triunfito' galego, como artista convidada, estará a tamén cantautora galega Antía Muíño, fincada actualmente en Donostia.

Tras anos de militar en diferentes proxectos que basculan entre o folk, a canción de autor máis intimista, o jazz ou a bossa nova, asina co seu propio nome un proxecto que segue bebendo destas fontes, pero agora a soas coa súa guitarra.

Herdanza da canción acústica, espida e descarnada, a súa singularísima voz dialoga con matices que van desde a canción jazz á bossa con acento galego ou o folk-pop occidental, tan preto do río Miño como das beiras do Mississippi.